LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

bolaño

    • Como escritor, a súa é unha das producións máis importanes do teatro galego contemporáneo, merecedora do constante recoñecemento de xurados e crítica, aínda que non toda chegou a ser publicada e outra foino en data moi tardía, con respecto á súa estrea teatral. Roberto Vidal Bolaño estreou moito e publicou menos, según di Camilo Franco en La Voz de Galicia.
      Felizmente, esta é unha inxustiza que o mundo editorial galego comeza a reparar coa publicación das Obras Completas que realizará Edicións Positivas en 2013, unha edición de Francisco Macías en seis volumes seguindo o criterio de épocas artísticas fixado por Xosé Manuel Fernández Castro no seu libro sobre a traxectoria do dramaturgo publicado por Laiovento.
    • Non faltaron xéneros nin argumentos na obra teatral de Roberto Vidal Bolaño. Comezou a escribir a mediados dos anos setenta cun teatro preocupado polos símbolos e foi levando aos escenarios ao rego da realidade. Tivo unha preocupación fundamental por facer un teatro que se puidera considerar galego e que contase de Galicia, da historia e do presente. Desde Laudamuco, señor de ningures ata Criaturas hai un arco que describe a historia recente do país nunha crónica incomparable da contemporaneidade. Obras históricas como As actas escuras ou comedias de extrarradio como Animaliños. Dramas do presente como Rastros forman parte dunha historia teatral que articulou desde dúas compañías fundamentalmente, Antroido e Teatro do Aquí. A súa influencia de foi alén dos escenarios. Impulsou un teatro de contar historias e porfiou ata conseguir unha profesionalización do sector en Galicia.

Enlace

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: